¡Xa temos os tres números gañadores do noso sorteo!
Damos as grazas, polas súas aportacións para as cestas, a:
Mesón Colon, Parrillada de Santa Comba, Hotel Restaurante Prados, Sala Jagger, Microefectos Dramatúrxicos, El Rincón de tu Olfato, Torre de Nuñez, EnVinissi e Panadería Luseiro.

Sorteamos tres cestas. Cada unha inclúe:

Un vale para cea/comida para dúas persoas

Dúas entradas para un evento cultural

Varios produtos cedidos por colaboradores locais

Bases do sorteo:
- O presente sorteo está organizado pola Asociación de Nais e País do CEIP Plurilingüe de Nadela (ANPA Nadela).
- A finalidade do presente sorteo é a recadación de fondos para financiar exclusivamente actividades da ANPA e que son de interese común para o propio colexio e para o alumnado do mesmo.
- O premio consiste en tres cestas, cada unha cun vale para unha cea/comida para dúas persoas, dúas entradas para un evento cultural e varios produtos cedidos por cortesía de colaboradores locais.
- No sorteo poden participar tódalas persoas físicas maiores de 18 anos que haxan adquirido unha papeleta de participación.
- As papeletas estarán á venta ata o día 13 de febreiro de 2026 por un importe de 3 € cada papeleta.
- Se porán á venta 1000 papeletas, numeradas correlativamente dende o 000 ata o 999, ambos inclusive. Cada papeleta se verifica e certifica mediante selo da ANPA antes da venta.
- O sorteo realizase o día 13 de febreiro de 2026 as 18:00 h no CEIP Plurilingüe de Nadela e está aberto ó publico.
- O gañador ou gañadora do sorteo será o portador da papeleta cuxo número coincida co número sacado no sorteo. Se sacará un número ganador e dous suplentes para cada cesta.
- O resultado do sorteo farase público na páxina web da ANPA Nadela, nas redes sociais da ANPA e nos grupos de whatsapp.
- O gañador ou gañadora terá un prazo de cinco días naturais a partir da publicación para comunicar a algún membro da ANPA a aceptación da cesta.
- No caso de que o gañador ou gañadora non se pon en contacto coa organización dentro de cinco días naturais, repetiríanse os puntos 9 e 10 co seguinte número suplente.
- A entrega da cesta realizarase mediante algún membro da directiva da ANPA Nadela, previa presentación da papeleta gañadora.